Tapería O Druida en Patos
O’Druida abríu a súa casa no solsticio de verán do ano 2007. Iniciamolo noso camiño defendendo a calidade e a cercanía como señas de identidade.
Ofrecendo dende o principio un equilibrado menú do día con produtos de tempada de peixes de nosa ría. Combinados con pratos da cociña do país onde non fallan o cocido e os callos e novas tendencias incorporando algas, tofu e opcions veganas.
Rápida atención a cargo dun equipo de profesionais
Procuramos unha rápida atención cun gran equipo de profesionais que forman a familia de O'Druida.
Cariño polo cliente, as cousas ben feitas e bo ambiente para disfrutar dunha grata experiencia deixándose mecer po as ondas do mar de Vigo.